Acceso participantes

FINANCIANSOLICITA

Presentación

No marco de axudas do Fondo Social Europeo, o Concello de Vigo, propón a posta en marcha do Proxecto denominado “IMOS TRABALLAR 2”, continuidade do que puxo en marcha na convocatoria anterior, e que ten como finalidade responder ás necesidades xeradoras de emprego no municipio de Vigo e favorecer a preparación de procedementos de cara a poñer en marcha un segundo Pacto Local polo Emprego en Vigo.

O Pacto Local polo Emprego pretende conquerir un MEDIO para mobilizar os recursos locais para a creación de emprego, un INSTRUMENTO para identificar as actividades susceptibles de crear novos empregos no entorno local, unhas FERRAMENTAS necesarias para planificar a política de emprego de Vigo, uns CRITERIOS DE AVALIACIÓN para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local de emprego.

Para a consecución dos obxectivo o proxecto engloba dos tipos de accións:

Itinerarios de Inserción Laboral: Ofrécese unha orientación personalizada aos/ás demandantes de emprego (especialmente a aqueles/as con especiais dificultades para a súa inserción no mercado laboral) e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil e necesidades, xunto coa realización de prácticas profesionais que acompañen á devandita formación,para así lograr a inserción tanto social coma laboral dos/as principais demandantes do municipio de Vigo.

2º Pacto Local polo Emprego entre os distintos axentes do Municipio e o Concello de Vigo, co obxectivo de redactar un documento consensuado do plan de acción local para o emprego da cidade de Vigo.

O pacto o integran entidades sindicais (CC.OO, CIG,UGT) e empresariais (APE, AJE, CEP), xunto co Concello de Vigo.

 

 logo_imos_2.JPG

 

                                                                                                                                                                        Enderezo: Centro Local de Emprego e das Ocupacións (CME)                       

                 Rúa Oporto 1, 2ª planta. CP. 36201 Vigo

 

Teléfono:  986 44 74 00

Mail:   imostraballar2@vigo.org

 

PROXECTO IMOS TRABALLAR 2. EXPEDIENTE Nº 615. PROXECTO COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E O MINHAP