• Acceso

Pacto local polo emprego

O Pacto Local polo Emprego pretende conquerir un MEDIO para mobilizar os recursos locais para a creación de emprego, un INSTRUMENTO para identificar as actividades susceptibles de crear novos empregos no entorno local, unhas FERRAMENTAS necesarias para planificar a política de emprego de Vigo, uns CRITERIOS DE AVALIACIÓN para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local de emprego.

 

A implantación do Pacto Local polo Emprego será un proceso de planificación que seguirá os seguintes pasos:

  • Análise das necesidades e determinación das estratexias.
  • Elaboración das perspectivas locais de emprego a través da participación cidadá.
  • Identificación dos novos xacimentos de emprego.
  • Planificación consensual das accións para o emprego.
  • Execución, seguimento e avaliación.

O pacto o integran entidades sindicais (UGT, CC.OO, CIG) e empresariais (CEP, APE e AJE).

O seu obxectivo final será redactar e asinar un documento consensuado por todos estes axentes máis aqueles que desexen incorporarse.

O obxectivo do Pacto Local polo Emprego é redactar un documento consensuado do plan de acción local para o emprego da cidade de Vigo.
Así constituíronse as seguintes mesas de traballo nas que participa o Concello de Vigo xunto coas principais asociacións de empresarios e sindicatos da cidade.

Mesa Presidencia
COMISIÓN DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL E FORMACIÓN CIG
COMISIÓN DE FOMENTO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA E EMPRESARIAL CEP
COMISIÓN DE APOIO AOS NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO AJE
COMISIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE UGT
COMISIÓN DE IGUALDADE APE
COMISIÓN DE SEGURIDADE LABORAL E AMBIENTAL CCOO
COMISIÓN DE DIFUSIÓN E TRANSFERIBILIDADE Concello de Vigo

Documentación pública do Pacto Local de Emprego

Colaboran

Colaboradores del sitio web: APE Pontevedra, AJE Vigo, CC.OO., C.E.P., C.I.G., U.G.T.
Valid XHTML 1.0 Transitional