Imos Traballar

  • Acceso

Aviso Legal

Os datos recadados a través dos formularios de recollida de datos do Portal serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable o Concello de Vigo. Esta administración tratará os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de xestionar e promocionar o emprego municipal mediante o proxecto “Imos Traballar”. Expediente nº12, proxecto cofinanciado polo Ministerio de Administracións Públicas e o Fondo Social Europeo. Así mesmo o Concello de Vigo cancelará, borrará e/ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixaran de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.

Premendo o botón de ‘enviar’ do formulario correspondente, a persoa usuaria consinte de forma expresa que os seus datos sexan empregados para o envío de comunicacións promocionais de emprego e de formación por correo electrónico ou por calquer outro medio. Non obstante, o usuario poderá opoñerse ao envío de ditas comunicacións marcando a casa que a estes efectos aparece indicada en cada un dos formularios. Así mesmo en cada un dos envíos de comunicacións promocionais de emprego ou de formación, indicarase de xeito expreso o procedemento habilitado para opoñerse ao envío de novas comunicacións comerciais.

Nos formularios de recollida de datos, os campos sinalados cun asterisco son obrigatorios polo que no caso de que a persoa usuaria non facilite os datos correspondentes, o Concello de Vigo poderá, a súa soa discreción, denegar o correspondente servizo.

A persoa usuaria poderá revogar o consentimento prestado e exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición dirixíndose a tal efecto á dirección: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, na praza do Rei 1, ou no número de teléfono de atención cidadá 010.

O Concello de Vigo adopta os niveis de seguridade requiridos polo Regulamento de Medidas de Seguridade aprobado polo Real Decreto 1720/2007 do 21 de Decembro. Non obstante o anterior, a seguridade técnica nun medio como Internet non é inexpugnable e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.

Colaboran

Colaboradores del sitio web: APE Pontevedra, AJE Vigo, CC.OO., C.E.P., C.I.G., U.G.T.
Valid XHTML 1.0 Transitional